Dentro dos fins establecidos nos Estatutos da Federación AUTISMO GALICIA están:
- Servir de nexo de unión entre as distintas entidades membro.
- Defender a dignidade e os dereitos civís, políticos, económicos, culturais, sociais, laborais, etc. das Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, en igualdade de oportunidades.
- Promover á integración social, laboral e a normalización das Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, fomentando actitudes sociais positivas cara ao colectivo en Galicia.
- Desenvolver todo tipo de accións encamiñadas a mellorar a calidade de vida das Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e das súas familias.
- Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo con criterios de solidariedade, promovendo unha imaxe común da Federación.
- Promover a formación e a investigación sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.