logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quen somos?

Autismo Galicia, é unha Federación que engloba ás Entidades, Fundacións e Asociacións de pais, nais, titores e profesionais, protectoras de Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) da Comunidade Autónoma de Galicia.

A nosa misión é mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e das súas familias, os destinatarios/as dos nosos servizos son as entidades galegas que desenvolven o seu labor con este colectivo de Persoas afectadas con Trastornos do Espectro do Autismo.

A Federación Autismo Galicia, constitúe un referente de servizos técnicos e sociais que contribúe ao deseño de políticas de inclusión social e é, un referente formativo e informativo que contribúe a visualizar a realidade das Persoas con TEA e das súas familias. Promovemos o consenso nos obxectivos e liñas de actuación entre as entidades que traballan no ámbito do Autismo en Galicia, ás que prestamos servizos complementarios cun estilo que fomenta a participación, a transparencia, a solidariedade e o exercicio democrático.

Os valores que defendemos son:

  • Consideración da persoa con TEA como suxeito con dereitos e deberes en igualdade de condicións ao resto das persoas.
  • Calidade total nas entidades e servizos.
  • o Importancia da familia en todos os programas orientados á intervención coas persoas con TEA.
  • o Necesidade de colaboración entre profesionais e familias para un funcionamento eficiente e de calidade das entidades.

O noso traballo

Autismo Galicia desenvolve proxectos relacionados con:

  • Promoción do emprego real e efectivo das Persoas con TEA e as súas familias: a través de programas de integración e orientación laboral.
  • Programas de ocio e tempo libre, respiro familiar, formación a nais e pais coidadores, xornadas formativas e de autoapoio para familias.
  • Voluntariado.
  • Orientación e asesoramento a familias, prestando un servizo de apoio inicial e facendo as oportunas derivacións a aquelas das nosas entidades que dispoñen de servizos especializados para o diagnóstico, valoración e orientación.
  • Formación interna e externa, promoción e divulgación científica.
  • Sensibilización, información e difusión dos Trastornos do Espectro do Autismo.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia