logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

En Amencer-ASPACE levamos desde 1991 dedicándonos á atención das persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns.

O noso reto é ofrecer unha atención personalizada, dando resposta ás necesidades de cada persoa, apoiándoa e acompañándoa na defensa dos seus dereitos, facilitando a súa participación activa na sociedade e contribuíndo á mellora da súa calidade de vida. Traballamos para promover o seu desenvolvemento persoal e favorecer a igualdade de oportunidades.

Cada día procuramos que o noso labor sexa un reflexo dos valores que nos definen:

  1. Benestar. Esforzámonos por ofrecer o maior confort e a mellor calidade de vida posible a cada persoa usuaria.
  2. Autonomía. Traballamos para potenciar as súas capacidades e favorecer o maior grao de independencia posible.
  3. Proximidade. Queremos que as familias nos sintades como un membro máis; estamos aquí para apoiarvos e acompañarvos no día a día.
  4. Profesionalidade. Formámonos e actualizámonos de maneira continua para aplicar as técnicas máis innovadoras e garantir unha atención da máxima calidade.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia