Amencer-ASPACE é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns, así como das súas familias.
A entidade ofrece unha atención integral ao longo de todas as etapas da vida, a través de servizos de atención temperá, rehabilitación, promoción da autonomía persoal, centros de día, vivenda residencial e programas de inclusión social. O seu labor céntrase na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, favorecendo a súa participación activa e a súa plena inclusión na sociedade.
Desde un modelo de atención centrado na persoa, Amencer-ASPACE promove a igualdade de oportunidades, a vida independente e o desenvolvemento do proxecto vital de cada persoa usuaria, contribuíndo á construción dunha sociedade máis inclusiva e accesible. Contamos con centros de atención en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.