logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

SIO

Servizo de Información e Orientación. É o piar da entidade, xa que a través deste e dos profesionais e do equipo de voluntariado especializado, proporciónase información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando, en cada caso, intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións a outros servizos da entidade ou orientación cara a recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada.

ACTÍVATE

Programa destinado a mellorar a independencia das persoas nas actividades do seu día a día, co fin de permitir a súa participación activa en todas elas.

ALCER 7 VIDAS

Programa de actividades de sensibilización no eido da doazón e do transplante de órganos, así como da participación social e promoción da saúde renal.

VOLUNTARIADO

Programa de participación activa de persoas que axudan a desenvolver as actividades do día a día da entidade.

NUTRICIÓN

Asesoramento ás persoas con enfermidade renal e elaboración de obradoiros de formación dirixidos a persoas con enfermidade renal, a familiares e a profesionais.

PSICOLOXÍA

Atención psicolóxica a persoas que teñan enfermidade renal ou aos seus familiares.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia