logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Alcer Coruña somos unha entidade sen ánimo de lucro que naceu no ano 1976 co propósito de mellorar a calidade e de vida das persoas con enfermidade renal crónica. Nas súas orixes loitaba para que este colectivo tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois e traballando conxuntamente co resto dos alceres provinciais, convertémonos no principal precursor da actual Lei de Transplantes.

Hoxe en día e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, somos unha entidade que aposta por traballar optimizando recursos sanitarios baixo o convencemento de que a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón tamén na abordaxe de aspectos sociais, nutricionais, psicolóxicos ou funcionais tal e como facemos no día a día.

Baseándonos nestes principios, perseguimos asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia das persoas con enfermidade renal crónica e das súas familias en calquera un dos tratamentos renais substitutivos.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia