ASOCIACIÓN FIBRO VISIBLES
Fibro Visibles é unha asociación creada para dar voz á realidade cotiá que viven os pacientes que padecen fibromialxia e outras enfermidades invisibles. Intentamos dar visibilidade á nosa situación a través do testemuño e a difusión, promovendo o recoñecemento social e sanitario dos afectados e fomentando unha comunidade de apoio e sensibilización.