Espazo para asociacións de doentes
Servizos
- Alcohólicos Anónimos non fai campañas de promoción para captar membros. OFRECE axuda ás persoas alcohólicas que queren lograr a súa sobriedade. Non fai seguimento dos seus membros.
- Non lles vixía para comprobar que non beben. AXUDA ás persoas alcohólicas a axudarse a si mesmas.
- Non é unha organización relixiosa. Cada membro pode ter e desenvolver as súas propias ideas sobre o sentido da vida.
- Non é unha organización de carácter médico. Non proporciona medicamentos nin diagnósticos, nin servizos psiquiátricos.
- Non dirixe nin ten hospitais ou centros sanitarios; non subministra servizos de hospitalización.
- Non está afiliada a ningunha outra organización. Pero coopera con organización que combaten o alcoholismo. Algúns membros traballan nestas organizacións, pero sempre o fan a título persoal, nunca como representantes de Alcohólicos Anónimos ou no seu nome.
- Non acepta diñeiro de fontes alleas, sexan públicas ou privadas.
- Non ofrece servizos de asistencia social. Non proporciona aloxamento, comida, traballo ou diñeiro. AXUDA ás persoas alcohólicas a manterse sobrias para acadar estas cosas por si mesmas.
- Polo principio do anonimato, incluído no propio nome da Comunidade, Alcohólicos Anónimos non quere que se revele o nome dos seus membros pola radio, prensa ou TV. Por iso mesmo, os membros de Alcohólicos Anónimos nunca revelan o nome doutros membros a persoas de fóra. Pero os membros de A.A. no están avergonzados por selo. Unicamente queren MOTIVAR a outros alcohólicos a que busquen axuda na Comunidade e non pretenden ser considerados como heroes ou heroínas só por coidar da súa propia saúde.
- A.A. non proporciona certificacións nin cartas de recomendación a órganos penais de liberdade condicional, autoridades xudiciais, empresas, institucións sociais e similares.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia