logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

O obxectivo primordial dos membros de Alcohólicos Anónimos es manternos sobrios e axudar a outros alcohólicos a acadar ou estado de sobriedade.

O Texto básico de A.A. é o Libro Grande que axudou a millóns de persoas a acadar a sobriedade. É o relato de miles de homes e mulleres de como se recuperaron do alcoholismo.

Alcohólicos Anónimos demostrou a súa eficacia no tratamento da enfermidade do alcoholismo a partir dun programa de recuperación de “Doce Pasos”, que é o núcleo do programa de A.A. para a recuperación persoal do alcoholismo e que está sustentado en dous principios: aceptar a derrota definitiva ante o alcohol e a crenza en que so un Poder Superior pode mantelos en estado de sobriedade. Os Doce Pasos son principios reitores que describen como superar o alcoholismo, evitar os desencadenantes e vivir unha vida sa e produtiva.

Para o seu funcionamento, A.A. conta con “Doce Tradicións “, que ofrecen unha guía para as relacións entre os grupos, os membros, a Comunidade global e a sociedade en xeral e de “Doce Conceptos” para o Servizo Mundial que proporciona un grupo de principios relacionados para axudar a garantir que varios elementos da estrutura de servizo de A.A. sigan sendo receptivos e responsables ante aqueles a quen serven.

Que son as reunións de A.A.:

  • A unidade básica de A.A. é o grupo local (do barrio ou da cidade) o cal é autónomo excepto nos asuntos que poidan afectar a outros grupos de A.A. ou á Comunidade na súa totalidade. Ningún grupo ten poder sobre os seus membros.
  • En Galicia hai actualmente 17 grupos de reunións en todas as provincias. Pódese consultar o directorio para saber os días, lugares e horarios das reunións.
  • Cada grupo celebra as súas reunións A.A. na que os membros se apoian os uns a os outros, relatando mutuamente as súas experiencias, xeralmente relacionadas cos Doce Pasos suxeridos para a recuperación e coas Doce tradicións para as relacións dentro da Comunidade e coa Comunidade no A.A.
  • Calqueira persoa que crea ter un problema coa bebida é benvida ás reunións de A.A.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia