logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Alcohólicos Anónimos (A.A.), é unha comunidade mundial de persoas que comparten a súa mutua experiencia, fortaleza e esperanza para resolver o seu problema común e axudar a outros a recuperarse do alcoholismo.

O único requisito para ser membro de A.A. é o desexo de deixar a bebida. Para ser membro de A.A. non páganse cotas, non mantemos coas nosas propias contribucións.

A.A. non está afiliada a ningunha seita, relixión, partido político, organización ou institución algunha, non desexa intervir en controversias, non apoia nin se opoñe a ningunha causa.

A Comunidade funciona a través de mais de 115.000 grupos locais en 185 países. Varios centos de miles de persoas alcohólicas obtiveron a súa sobriedade en A.A., que se interesa exclusivamente na recuperación e a sobriedade continua. A.A. non participa na investigación do alcoholismo nin en tratamento médico ou psiquiátrico, e non apoia a ningunha causa, aínda que os seus membros o poden facer como particulares.

O alcoholismo é unha enfermidade crónica, progresiva e que pode causar a morte, que se caracteriza pola incapacidade da persoa para controlar a súa maneira de beber, o que da lugar a que na maior parte das ocasións na que se consuma alcohol, o afectado o faga en forma excesiva e teña problemas coa súa saúde, a súa familia, o seu traballo e coa sociedade en xeral. Esta perda de control é consecuencia dunha dependencia psíquica e física ó alcol que o individuo desenvolveu por consumilo en forma frecuente e excesiva durante certo tempo e por unha predisposición xeneticamente determinada para a adición a substancias.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define unha droga como calqueira sustancia que, introducida no organismo, afecta unha ou mais das súas funcións. O alcohol reúne tales características e polo tanto é unha droga. O alcohol é unha droga legal, no medicamentosa, aditiva, domesticada, neurotóxica e hepatotóxica. É unha droga legal, porque a súa produción, distribución, comercialización, publicidade, venda e consumo están permitidas pola Lei. O seu consumo frecuente e repetitivo produce unha dependencia psíquica e física, ademais de espiritual ou moral.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia