logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Obxectivos e fins da Asociación AFALGA

  • 1. O obxectivo principal de AFALGA é prestar axuda ás persoas que viron a súa vida afectada pola conviviencia cun enfermo alcohólico, sexa un familiar ou un amigo íntimo. Nesta asociación as persoas, ao compartir mutuamente as súas experiencias, transmítense fortaleza e esperanza para poder resolver os seus problemas de temor, inseguridade e difícil convivencia cun alcohólico.
  • 2. Dar a coñecer a nosa asociación a todos os niveis da sociedade dando charlas informativas en centros de saúde, educativos e outros.
  • 3. Favorecer as relacións con sociedades médicas e colectivos profesionais que puidesen detectar posibles necesidades de axuda a persoas afectadas pola convivencia con persoas alcohólicas.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia