logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

As nosas entidades socias son piares fundamentais na nosa sociedade, nos como Federación queremos analizalo como un elemento de coordinación e de colaboración para mellorar a atención. Consideramos imprescindible crear lazos de conexión e traballo cooperativo coas entidades, crear equipo de traballo e ofrecer a través da Federación unha voz en defensa dos seus dereitos e das persoas que representan.

  • Sensibilización e visibilización da EM: A Federación xorde da unión de varias asociacións que se preocupan polas necesidades das persoas afectadas de EM, as súas familias e/ou referentes, que buscaban un vínculo sindical que servise de catalizador nun proxecto compartido por todas/os. As asociacións, debido ao seu carácter localista, teñen un impacto no medio que lles rodea directamente, pero iso non deixa entrever o traballo e a loita continuada a outras escalas que levarían por bandeira o seu lema.
    Ensinarlle ao mundo esta realidade é unha dos labores da Federación pero aínda máis importante conquistar todas aquelas persoas afectadas que poden beneficiarse de servizos, programas, actividades e todas aquelas accións que fan do proxecto de Fegadem a súa razón de ser.
    Polo que, nesta área podemos distinguir as seguintes funcións básicas de deseño, planificación, execución e avaliación:
    • De proxectos e actividades dirixidas a promover o movemento asociativo así como dar a coñecer o labor das asociacións e da propia federación.
    • De actividades de sensibilización e visibilización sobre a EM.
    • De proxectos de soporte e apoio ao desenvolvemento dos servizos e proxectos das entidades membro.
  • Divulgación e comunicación: Desde esta premisa fundamentamos a necesidade de estar presentes nos medios de comunicación e poder difundir o noso labor, así como  a das entidades membro e darlle a coñecer a realidade da patoloxía á sociedade a nivel xeral.
    Ademais desta presenza nos medios, tamén pretendemos ter un recoñecemento mediante publicacións de rigor e con contidos fundamentados na investigación e no estudo da patoloxía, da poboación afectada, das necesidades e dos condicionantes que determinan cales poden ser as mellores formas de convivir, intervir e manter a mellor calidade de vida. Entre as funcións básicas desta área serían:
    • Mantemento da imaxe corporativa da federación.
    • Difusión de información de interese para o colectivo, dinamizando a páxina web, facebook e twitter.
    • Dinamización da comunicación interna e externa da federación.
    • Creación de material de difusión, información e formación sobre a patoloxía, o labor das entidades membro e da propia federación.
  • Captación de recursos e convenios de colaboración: Tanto a entidade membro como a propia federación mostran dificultades para o seu sustento no ámbito económico-financeiro e dependen nunha alta porcentaxe de axudas públicas e privadas. Esta circunstancia faise común en moitas entidades do terceiro sector, e máis cando dedicamos os nosos esforzos para ofrecer recursos que non son dispensados pola Administración pública.
    No caso de Fegadem e as súas entidades membro reivindicamos o papel que a Administración pública delega sobre as nosas entidades, nas cales se ofrecen programas de rehabilitación integral que responden a fundamentos de prevención e intervención, que deberían ser inherentes ao propio diagnóstico unha vez emitido, e ser a propia Administración quen ofrecerá eses recursos.
    Neste sentido a loita da federación e as entidades membro é conseguir financiamento para manter os servizos mínimos de atención desde unha perspectiva integral, e dotar ademais de recursos que favorezan o labor propio do asociacionismo.
    A colaboración con Fegadem consideramos que é un acto de conciencia social, xa que moitos dos dereitos que a día de hoxe temos xurdiron do movemento e asociacionismo civil. Tendo en conta  estas premisas, esta área ten por funcións básicas:
    • Consecución de recursos económicos a través da Administración pública e a empresa privada.
    • Busca de subvencións e axudas para impulsar proxectos e actividades da propia federación como de apoio ás entidades membro.
    • Detección de posibles entidades, organismos, e empresas que poidan beneficiar a actividade da federación creando convenios de colaboración.
    • Planificación, execución e avaliación de accións e campañas para a captación de recursos.
  • Administración e Xestión da Federación: A federación precisa dunha estrutura técnica e profesional que impulse o proxecto da federación e dea soporte á Xunta Directiva no cumprimento dos seus fins, así como dar resposta ás necesidades das entidades federadas. Neste sentido nesta área podemos destacar como funcións principais:
    • Execución de todas aquelas actividades da federación relacionadas coa coordinación e supervisión técnica, económica, fiscal e contable, e laboral, xunto cos servizos externos contratados para a execución destes.
    • Verificación das esixencias legais, fiscais e contables que se esixen ás entidades sen ánimo de lucro.
    • Apoio na solicitude e xustificación de subvencións, así como no contacto con entidades públicas e privadas.
    • Órgano interlocutor entre todas as entidades membro en prol dunha coordinación fluída.
    • Deseño e implementación de procedementos administrativos adecuados a actividade da federación.
    • Apoio na Xunta Directiva na súa organización, coordinación e posta en marcha de accións encamiñadas á consecución dos fins da federación.
    • Dar soporte, información, asesoramento ás entidade membros na consecución dos seus fins acordes cos da propia Federación.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia