logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

FEGADEM

A Federación Galega de Esclerose Múltiple, Fegadem (de aquí en diante) é unha agrupación de asociacións que nace a principios do ano 2011, como resultado dunha reunión que tivo lugar o 16 de decembro de 2010, na que representantes das Asociacións Galegas de Esclerose Múltiple, que xuntan cada unha delas máis de 20 anos na atención social e terapéutica dirixida a este colectivo, deciden constituírse nunha federación de asociacións sen ánimo de lucro, coa "finalidade de garantir a calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple e das súas familias"

FEGADEM representa ao redor de 1191 socios/as repartidos/as entre as 4 provincias galegas a través de cinco asociacións que desenvolven Programas de Atención Integral que inclúen os seguintes servizos: traballo social, psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, voluntariado, lecer e tempo libre.

A MISIÓN de Fegadem consiste en promover o movemento social e asociativo da esclerose múltiple (EM de aquí en diante) e outras enfermidades neurodexenerativas, desenvolvendo unha acción institucional en defensa dos dereitos e intereses das persoas afectadas de EM, as súas familias e/ou referentes,  actuando  desde unha perspectiva global tanto como interlocutor como referente do sector, ante os poderes públicos, as entidades do terceiro sector, a empresa privada, os medios de comunicación e a sociedade na súa globalidade. Débeo facer  favorecendo as relacións e creando redes e sinerxías mediante propostas construtivas, articuladas e contrastadas tecnicamente dando resposta tanto ás necesidades como ás demandas do grupo de poboación que representa.

Todo isto baixo a convicción da creación dunha base de sustento sólida que manteña o proxecto das entidades que teñen como obxectivo final promover a consecución dunha calidade de vida das persoas afectadas de EM, as súas familias ou persoas de referencia.

Fegadem ten a VISIÓN de futuro, de converterse nun instrumento de representación dun proxecto coordinado entre todos os sectores implicados na atención deste colectivo, efectivo e eficiente coa realidade da enfermidade e as súas repercusións sanitarias e sociais, eticamente responsable desde a moral e os valores da inclusión dun colectivo con necesidades especiais, baseado na igualdade e solidariedade cunha repartición equitativa en igualdade de condicións e dando resposta ás necesidades e demandas do colectivo que representa. Só pretende desde o realismo cumprir coa súa finalidade, os seus fins, e converter a súa misión nunha realidade.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia