AFACO nace en 1995, gracias á iniciativa dun pequeno grupo de familiares, co amplo obxectivo de minimizar as grandes consecuencias das persoas que padecen este mal, naquel entón descoñecidas para a poboación en xeral e polos poderes públicos en particular, o que xeraba un marco de desamparo e desprotección ós afectados.
Dende os seus inicios, se erixe como un referente autonómico na atención ás demencias, sendo das primeiras entidades creadas en Galicia. Dende estos primeiros momentos, se destaca por dotar dos máis altos niveis de calidade cada un dos proxectos desenrolados.
Os profesionais que compoñen a plantilla de AFACO, planifican, xestionan e executan, numerosos proxectos enmarcados dentro da atención social e terapéutica, dirixidos ás persoas afectadas por unha demencia e ás súas familias, co apoio de todos os seus socios, entidades públicas, organismos privados e organizacións sen ánimo de lucro.
AFACO pertence a FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de familiares de enfermos de Alzheimer) que a súa vez pertence a CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de enfermos de Alzheimer).