logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

Traballo social

Servizo de información e orientación: dende este servizo proporcionamos información, recollemos as demandas e ofrecemos asesoramento a todas aquelas persoas que se poñen en contacto coa nosa Asociación.

Informe de fichas, informes sociais, actualización de datos, recepción da demanda

Xestión de recursos

Actividades de sensibilización, visibilidade e concienciación: Participación na planificación e na execución de xornadas de sensibilización, campañas de sensibilización sobre a fibrose quística, charlas, seminarios, divulgación en medios de comunicación, notas de prensa etc.

Realización de proxectos

Avaliación e seguimento

Fisioterapia respiratoria

Con respecto a fisioterapia respiratoria constitúe un dos tratamentos fundamentais e obrigados nos pacientes con FQ, supón o 80% dos diferentes tratamentos destes enfermos en canto a beneficios de saúde se refire, xa que de non practicarse corre perigo a vida do paciente. A súa práctica debe facerse de forma regular, diaria e na maioría dos casos varias veces o día.

Servizos profesionais en clínicas

A asociación ten diversos convenios en toda a comunidade de Galicia tanto de psicoloxía como de fisioterapia para que os asociados da entidade poidan acudir ante elas con descontos aplicables.

Actividades divulgativas e de colaboración

Dende a Asociación promovemos e participamos en unha serie de actividades nas que o noso obxectivo principal e dar visibilidade a FQ e posicionar a nosa entidade. Moitas de elas son promovidas altruístamente por axentes externos para captar fondos destinados o desenrolo dos nosos servizos.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia