logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

  • Apoiar a cada persoa con Fibrose Quística e as súas familias.
  • Defender o dereito para ter un estilo de vida e unha contorna social que garanta unha vida independente e un desenvolvemento autónomo.
  • Proporcionar información sobre esta enfermidade a todos os profesionais sanitarios e sociais.
  • Promover e apoiar iniciativas para a creación de unidades de referencia de Fibrose Quística.
  • Promover, facilitar ou utilizar medios lícitos de publicidade, información ou distribución para recoñecer á Asociación.
  • Desenvolvemento de actividades docentes orientadas á formación de persoal técnico especializado no diagnóstico e tratamento da patoloxía.
  • A investigación dos problemas que presenta a FQ nos seus aspectos epidemiolóxicos, clínicos, terapéuticos, sociais, etc.
  • Educación en saúde.
  • Promover actitudes sociais positivas cara ás persoas con FQ.
  • Promover a plena integración das persoas afectadas na escola, o traballo e a vida social.
  • Desenvolver estratexias de solidariedade.
  • Promoción e desenvolvemento social e persoal das mulleres con FQ.
  • Desenvolver programas dirixidos especificamente aos nenos.
  • Promover iniciativas culturais, educativas e de ocio.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia