A Asociación Galega de Fibrose Quística ten como misión contribuír ao coñecemento, estudo e investigación sobre a Fibrose Quística, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con Fibrose Quística e das súas familias.
A AGFQ ten como visión constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromisos e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ao grupo social das persoas afectadas de Fibrose Quística e das súas familias.