logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quen somos?

Hipertensión pulmonar España Organización de pacientes (HPE-ORG) é unha iniciativa que parte dunha necesidade que non está cuberta pola nosa condición de persoas afectadas, inducida polo cambio de paradigma que está tendo lugar no sistema sanitario, onde o/a paciente toma un papel máis activo e responsable na xestión da súa enfermidade, no que o/a profesional da saúde integra este cambio, pasando do tratamento dunha enfermidade ao tratamento dunha persoa, que se visualiza e recoñece a importancia do coidador / familiar na mellora da atención e apoio ao/á paciente.

O noso compromiso é dar unha voz directa a pacientes propoñendo os problemas que consideramos axeitados e que permitan a participación no proceso de desenvolvemento de políticas de asistencia sanitaria, garantindo unha información confiable, concreta e transparente, directa entre a Administración e a cidadanía, con información, asesoramento e funcións de participación.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia