logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

Para cumprir cos obxectivos da asociación, ANEDIA leva a cabo as seguintes actividades:

  • Unha rede de comunicación entre as familias, que permite o intercambio continuo de información, resolución de problemas, soporte emocional, apoio na toma de decisións no caso de hipoglicemia, hiperglicemia, administración de medicamentos que poidan alterar os valores glicémicos, medidas a tomar ante unha comida fora da casa, e calquer problema que poida xurdir no día a día e requira unha resposta inmediata.
  • Asesoramento a familias, sobre diferentes temáticas, por exemplo:
    • Asesoramento ás familias para solicitar a redución de xornada laboral, por coidado de fillo menor con enfermidade grave.
    • Asesoramento ás familias para a escolarización ou continuación da mesma, no caso dos fillos ou fillas con diabete, tras o diagnóstico, e sempre que xurda a necesidade.
    • Asesoramente ás familias sobre as agullas, lancetas, medidores, bombas e outros recursos existentes para o coidado da diabete.
  • Xestión de reclamacións.
  • Información sobre os avances no tratamento da doenza.
  • Realización de actividades familiares mensuais para favorecer o contacto entre as familias, os menores con diabete e os seus irmáns e irmáns, nestas actividades conxugamos a formación co aspecto lúdico e de relación social. Así como a visibilización dunha doenza e a normalización do día a día dos menores con diabete. Nestas saídas, como colectivo, reínvindicamos entre outros aspectos, o dereito a entrar en museos, auditorios e outros espazos de uso público coa mochila do menor, a necesidade de poder comer no transporte público ou no transcurso dun espectáculo. A dificultade coa que se atopan os nenos e nenas para poder comer fora, fai que na meirande parte das ocasións, solicitemos espazos nos que poder comer de picnic. Nestas actividades, tamén ten moita importancia a práctica de actividades deportivas e en familia. Así como o fomento dunha alimentación saúdable.
  • Actividades formativas, para afondar no manexo da doenza, mellorar a adhesión ao tratamento, axudar aos menores a asumir a doenza, facilitar a implicación de máis membros da familia no coidado do menor,...
  • Actividades de visibilización da doenza e de reinvindicación de necesidades.
    • Reunións diversas con responsables das Consellerías de Sanidade e Educación.
    • Milla pola Diabete, carreira co lema “Que a diabete non te pare”
    • Iluminación en Azul de edificios emblemáticos con motivo do día mundial.
    • Mesas informativas.
    • Sinatura de convenios con empresas de catering en centros educativos.
    • Elaboración de folletos, cartaces.
    • Mantemento Blogue, Facebook, Instagram, Twitter.
    • Participación en programas de radio e televisión.
    • Actividades en centros educativos.
    • Actividades formativas para monitores de tempo libre, monitores de comedores, monitores deportivos.
    • Concursos.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia