logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

  • Reivindicar a asistencia médica, especializada e multidisciplinar para todos os nenos e nenas con diabate.
  • Instar á Administración Sanitaria e á Administración Educativa para que proporcione tódolos medios necesarios para o autocoidado da diabete.
  • Proporcionar información e unha axeitada Educación Diabetolóxica, teórica e práctica, a socios, familiares, escolas e poboación en xeral. Fomentar unha Educación Diabetolóxica de calidade para todos.
  • Defender os dereitos dos nen@s con diabete co fin de conseguir a súa plena integración escolar e social.
  • Estimular o estudo da diabete en menores no terreo da investigación experimental e clínica. Colaborar na realización de estudos de carácter educativo, social, xurídico, psicolóxico, epidemiolóxico, ou outros, que faciliten a solución dos problemas do nen@ con diabete.
  • Potenciar a relación entre nenos-familiares con diabete e prestar apoio ós familiares.
  • Establecer relacións con outras asociacións de diabete e con outros colectivos relacionados directa ou indirectamente coa diabetes.
  • Realizar tódalas accións precisas para o logro dos fins mencionados e que servan para mellorar a calidade de vida do nen@ con diabete.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia