Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Atopar solucións que puidesen mellorar a calidade de vida das familias e dos propios enfermos.
- Mellorar a calidade de vida do enfermo de Alzheimer e outras demencias.
- Facilitar a autonomía e independencia persoal.
- Manter e/ou recuperar capacidades residuais.
- Enlentecer ao máximo o avance da enfermidade, aportando calidade de vida á persoa afectada a través dunha serie de métodos e técnicas non farmacolóxicas.
- Promover a actividade mental para manter ou mellorar o rendimento cognitivo e funcional da persoa con algún tipo de demencia.
- Previr e/ou tratar algúns síntomas secundarios da enfermidade de Alzheimer e das outras demencias, como son a ansiedade e a depresión.
- Animar e guiar á persoa afectada por Alzheimer ou por outro tipo de demencia, para que se interese por facer determinadas actividades que movilicen as súas capacidades cognitivas e funcionáis.
- Tratar de realizar actividades cognitivas recomendadas e adaptadas a cada momento da evolución do enfermo.
- Centrarse no proceso e na actividade en si mesma, independentemente do rendemento e dos resultados que se consigan.
- Motivar á persoa con Alzheimer ou outro tipo de demencia e intentar obter o máximo das súas capacidades e vocacións.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia