Misión
AGADHEMO é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para conseguir a normalización
social e sanitaria e a mellora na calidade de vida das persoas con coagulopatías conxénitas e as súas familias, a través da
defensa e promoción dos seus dereitos e a prestación de servizos que lles proporcionen unha atención integral.
Visión
Unha organización consolidada, con un grupo de profesionais estable, que sirve de
referencia a outras entidades nacionais e internacionais que traballan no mesmo ámbito de actuación.
Promotora do
cambio social en canto a atención e o tratamento en comunidades menos favorecidas, conseguindo que as persoas con
coagulopatías conxénitas poidan ter acceso a todos os recursos sociosanitarios normalizados.
Principais fins estatutarios
- Impulsar e promover a toma de conciencia social e institucional das problemáticas das persoas con hemofilia e con outras coagulopatías conxénitas.
- Contribuír a cubrir as necesidades que se detectan nos ámbitos da asistencia médica, educación, formación e orientación laboral do colectivo.
- Proporcionar información ós afectados e os seus familiares.
- Promover a afiliación á asociación de residentes en Galicia con hemofilia.
- Impulsar as relacións con outras asociacións, organismos e institucións.