Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
Nosas metas
- Promover a relación e o intercambio entre os asociados.
- Desenvolver actividades lícitas de todo tipo que sexan de interese común e encamiñado a mellorar a calidade de vida dos asociados, das persoas con discapacidade sensorial, facendo énfase nas persoas con discapacidade auditiva e da Comunidade Xorda en xeral.
- Desenvolver e defender os dereitos das persoas con discapacidade sensorial.
- Promocionar e apoiar á Comunidade Sensorial.
- Sensibilizar á sociedade sobre a problemática da Comunidade Sensorial.
- Orientar e asesorar a persoas con discapacidade sensorial (discapacidade auditiva, persoas sordocegas, etc), familias de persoas con discapacidade sensorial, persoas físicas e xurídicas (entidades públicas ou privadas) con cuestións relacionadas coa Comunidade Sensorial e cos fins fundamentais de Xoga.
- Procurar a abolición de calquera tipo de norma xurídica que discrimine ás persoas con discapacidade sensorial respecto ao resto da sociedade. Así como loitar para que se diten normas legais oportunas a fin de evitar a desigualdade en que se atopan as persoas con discapacidade sensorial.
- Promover no seo de Xoga e ante os poderes públicos todo tipo de accións e proxectos que contribúan á mellora da calidade educativa das persoas con discapacidade sensorial, á eliminación das barreiras de comunicación, á integración social, etc.
- Manter contacto con toda clase de organismos, asociacións, e institucións de carácter público ou privado que compartan fins comúns coa problemática da Comunidade Sensorial e colaborar con eles en proxectos conxuntos, estudos, etc.
- Conseguir dos organismos oficiais, así como das entidades públicas ou privadas subvencións para a realización de actividades e para o sostemento e o bo funcionamento de Xoga.
- Calquera outro fin que persiga mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade sensorial.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia