Realizamos actividades de información e sensibilización, formación (con obradoiros presenciais e cursos na Escola Dano Cerebral), investigación e divulgación de coñecemento, asesoría xurídica, ocio inclusivo, vida independente, incidencia política e cohesión asociativa, coordinando ás nosas cinco asociacións federadas. As nosas asociacións traballan nas áreas da atención diúrna terapéutica, atención terapéutica residencial, información, orientación e apoio a familias, ocio e inclusión social, orientación laboral, rehabilitación especializada e moito máis.