logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Dano Cerebral Galicia


Dano Cerebral Galicia (a Federación Galega de Dano Cerebral) é a entidade que, desde 2007, defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia. Somos unha federación integrada polas cinco asociacións de dano cerebral adquirido do noso país, presentes nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. Xuntas suman máis de 2.000 persoas socias. Dano Cerebral Galicia está declarada Asociación de Utilidade Pública desde decembro de 2013.

Ámbito de actuación

  • Información e sensibilización
  • Formación
  • Investigación
  • Asesoría xurídica
  • Ocio inclusivo
  • Vida independente
  • Incidencia política
  • Coordinación das asociacións federadas
  • Traballo en rede con outras entidades

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia