logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

Servizo de atención personalizada

A atención personalizada desenvólvese no local da entidade de forma presencial, vía telefónica e por correo electrónico.

Preténdese mellorar a atención das persoas con Linfedema e ás súas familias así como dar resposta ás necesidades de información por parte das entidades públicas e privadas vencelladas ao sector social e sanitario.

Campañas de difusión e sensibilización

  • Páxina Web de AGL
  • Mesas informativas en diferentes puntos da Comunidade Autónoma
  • Charlas - coloquio en diferentes puntos da Comunidade Autónoma
  • Elaboración e envío de Boletín Semestral de AGL dos veces al año con reportajes interesantes y un resumen de los programas e iniciativas de AGL.

Programa de Rehabilitación

Servizo concertado de fisioterapia prestado a través de FEGEREC para as persoas asociadas, tratamento intensivo en centros de fisioterapia.

Obradoiro de Artesanía e Manualidades

Realización de traballos feitos a man por persoas afectadas e voluntarios/as. Con este taller preténdese ofrecer un punto de encontro entre as persoas asociadas e persoas voluntarias que queiran participar.

Obradoiro de Autoaxuda

Obradoiro de apoio para as persoas afectadas de Linfedema onde a través do intercambio de experiencias compártense dúbidas, temores, etc..

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia