logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Obxectivos principais

  • Apoiar ás persoas afectadas, porque o Linfedema é unha enfermidade pouco coñecida que, polo xeral, se diagnostica tarde.
  • Proporcionar información e asesoramento sobre síntomas, recursos, coidados e tratamentos, para facilitar o seu acceso á atención sanitaria.
  • Fomentar e potenciar a autonomía persoal para que as persoas afectadas e a súa contorna afectiva poida colaborar no mantemento das melloras sanitarias obtidas, favorecendo a súa calidade de vida.
  • Poñer en contacto ás persoas asociadas para compartir puntos de vista, experiencias e necesidades do colectivo de persoas afectadas e familiares/contorna afectiva.
  • Difundir o coñecemento da patoloxía ao conxunto da sociedade.
  • Sensibilizar a profesionais e organismos administrativos e sanitarios competentes para lograr unha mellor atención médica e humana.
  • Implicar as/os profesionais nos coidados durante o desenvolvemento da enfermidade.
  • Promover a investigación e mellora dos tratamentos.
  • Impulsar a creación de servizos que ofrezan unha atención integral.
  • Crear unidades de rehabilitación especializadas.
  • Ser un órgano interlocutor ante as institucións.
  • Fomentar a coordinación e cooperación coas administracións públicas e con outras asociacións con fins similares.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia