Qué é o linfedema?
O Linfedema é unha enfermidade que afecta a moitas persoas, aínda así é pouco coñecida e estudada. O “Capítulo Español de Flebología y Linfología” estima que mais de 900.000 persoas en España padecen un Linfedema.
Por este motivo, entre outros, nace a Asociación Galega de Linfedema (en diante AGL) co obxecto de informar, axudar e colaborar con todas as persoas afectadas pola enfermidade, así como divulgar o seu coñecemento entre as entidades, tanto públicas coma privadas, co fin de previr, nalgúns casos, a aparición da mesma e aumentar os recursos existentes no sistema público de cara a paliar os seus efectos.
Asociación Galega de Linfedema (AGL)
AGL, nace como resposta á necesidade de apoio, información e representación das persoas afectadas por Linfedema. É unha entidade sen ánimo de lucro, inscrita no rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma Galega, que agrupa a persoas afectadas, familiares e persoas interesadas nesta patoloxía.
A entidade forma parte de FEDEAL (Federación Española de Asociaciones de Linfedema), COGAMI( Confederación Galega de persoas con Discapacidade) e de FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras).