logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Obxectivo principal

A Asociación de persoas con discapacidade VONTADE ten como principal obxectivo, defender os dereitos das persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño e concellos limítrofes, dando servizos que fomenten as capacidades de auto realización para acadar a plena integración social

Obxectivos específicos

  • Defende-la dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.
  • Promove-la plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade
  • Crea-las condicións para que os/as socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión.
  • Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade
  • Promove-la lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  • Participar na orientación, coordinación e impulso do movemento asociativo no que estea integrado Vontade con criterios de solidariedade
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
  • Representa-los seus socios/as no ámbito local, provincial, autonómico, estatal e internacional.
  • Resolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritorias en calidade e servizos
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención da muller
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade , dirixidos especificamente á atención da infancia e da xuventude
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención das persoas maiores.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á atención a calquera outro colectivo en risco de exclusión social
  • Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do voluntariado social.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais, educativas e de lecer orientadas ás persoas con discapacidade
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social
  • Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ó cumprimento da misión de Vontade ou redundar no beneficio das persoas con discapacidade

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia