logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Somos un grupo de persoas unidas con un único fin: o fomento das capacidades e a loita pola integración social.

Somos Vontade, unha organización sen ánimo de lucro que nace ante as necesidades de servizos especializados das persoas con discapacidade. Defendemos os dereitos deste colectivo e procurámoslles os recursos necesarios para que fomenten a súa autonomía e autorrealización, conseguindo así a integración social plena. Pensamos que a discapacidade non é un impedimento, senón unha diversidade que afrontar de cara a unha mellor calidade de vida.

A través do noso centro, situado en Tomiño, ofrecemos formación, terapia ocupacional, psicoloxía, fisioterapia e traballo social para mellorar as capacidades das persoas usuarias, pero tamén actividades de ocio e tempo libre, nas que todos fomentamos a inclusión.

Pertencemos a Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI) e a Federación de Cogami Pontevedra, pero tamén traballamos en coordinación con outras entidades de ámbito social da comarca do Baixo Miño e alrededores.

Detrás de Vontade encóntranse un gran número de persoas que adican moito tempo e cariño a este proxecto

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia