logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

A Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en Galicia en 2009 cuxos obxectivos principais son visibilizar a situación dos afectados de ELA, promover a investigación sobre esta enfermidade e prestar apoio en todos os ámbitos posibles aos afectados que a padecen.

A esclerose lateral amiotrófica (abreviadamente, ELA, e tamén chamada enfermidade de Lou Gehrig) é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular. Orixínase cando unhas células do sistema nervioso chamadas motoneuronas diminúen gradualmente o seu funcionamento e morren, provocando unha parálise muscular progresiva de pronóstico mortal: nas súas etapas avanzadas, os pacientes sufren unha parálise total.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia