Servizos
INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMIENTO
Este servizo é ofrecido a socios e socias da entidade, os seus familiares, e demais persoas, enfermas ou non.Consiste en ofrecer información, orientación e asesoramento sobre a Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa, así como dos recursos ós que poden optar a través da asociación, de DISCAFIS, de ACCU España, das diferentes Administracións Públicas e de outras entidades coas que se colabore, sendo unha actividade personalizada en función das necesidades da persoa que acuda ó servizo, e pretendendo en todo momento axudarlles na mellora da súa calidade de vida.
Atendénse demandas de diversa índole, como poden ser: asesoramento sobre o proceso de recoñecemento de minusvalía e as vantaxes ás que da orixe, asesoramento sobre o proceso de incapacidade, apoio emocional, asesoramento sobre manifestacións secundarias da enfermidade inflamatoria intestinal e da súa medicación, información sobre axudas económicas, información sobre as actividades realizadas dende a Asociación ACCU Ourense e tamén dende ACCU España, etc. Ademais, o profesional do traballo social fai un seguimento social dos socios e socias da entidade, de xeito que se poida dar unha continuidade no seu tratamento social, facilitando a resolución dos problemas que lle poidan xurdir ós e ás afectados e ás súas familias.
SERVIZOS CEDIDOS POR DISCAFIS-COGAMI: SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA, SERVIZO DE FISIOTERAPIA, ASESORIA XURÍDICA, TERAPIA OCUPACIONAL, ASESORAMENTO E XESTIÓN ECONÓMICA
ACCU Ourense pertence a DISCAFIS, a Federación de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense. A traballadora social é a persoa encargada da coordinación , así como da derivación ós servizos que oferta a todos os seus socios e socias, como son: Servizo de Atención Psicolóxica, Servizo de Fisioterapia, Asesoría xurídica, Terapia Ocupacional, Logopedia e Asesoramento e xestión económica.
Para acceder a estes servizos existe un protocolo de ingreso. Dende la asociación debemos enviar á Federación unha derivación cos datos da persoa e solicitando ó servizo demandado.Así mesmo, a derivación debe ir acompañada de documentación, como copia de certificado de minusvalía (o solicitude de valoración no EVO), informes médicos, informe social, autorización médica de rehabilitación e consentimento informado sobre a cesión desa información á Federación.
A Traballadora Social realiza unha valoración e, de entrar no servizo, realiza una planificación de traballo individualizada con obxectivos e tratamento adaptado as necesidades de cada persoa.
GRUPOS DE AXUDA MUTUA (GAM)
A creación desta actividade xurdiu como consecuencia da necesidade que se detectou dende a Asociación en moitos enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa, de coñecer mellor a enfermidade e contactar con outros afectados/as para compartir vivencias, sentimentos e experiencias, así como a posibilidade de discutir problemas comúns ós que se enfrontan e buscar a mellor maneira de solucionalos.
Sabemos que é moi importante e tranquilizador non verse só, e saber que hai máis persoas que teñen estado na mesma situación e que están dispostos a animalos e apoialos para que poidan superar máis facilmente aqueles malos momentos nos que os une a enfermidade.
Os grupos de axuda mutua celebránse o mércores de cada mes, ás 19:30 horas da tarde, adaptando o horario ás necesidades laborais das persoas que acudían, nun local alleo á asociación. O número de participantes habitual era de entre 15 e 20 persoas, variando a composición en función da dispoñibilidade dos membros. A súa organización corresponde á Traballadora Social, e abordánse temas como: tratamento das enfermidades Inflamatorias Intestinais, manifestacións extraintestinais, problemática laboral, etc.
VISITAS HOSPITALARIAS A PACIENTES CON EIIC
Dende a Asociación considérase de vital importancia o acompañamento ós usuarios en momentos de especial dificultade, como son as hospitalizacións. Por eso se intenta estar preto deles e das súas familias durante este tipo de procesos facilitando o asesoramento e apoio que precisen.
Pola importancia e delicadeza destes momentos, non facemos distincións entre socios e non socios, acudindo á súa chamada indistintamente.
ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN
Dende a Asociación, consideramos de gran importancia a divulgación e concienciación sobre as EII, dado o descoñecemento existentente na nosa poboación con respecto a estas patoloxías e ás necesidades que presentan os afectados.
PASEO POLA SAÚDE
Cada ano, ACCU Ourense participa no "Paseo pola Saúde", promovido polo Concello de Ourense dirixido a toda a poboación en xeral e orientado a dar a coñecer este tipo de patoloxías e ás asociacións que as representan e para elo, instálase unha carpa informativa na Alameda (Ourense) Dende a Asociación, consideramos de gran importancia a divulgación e concienciación sobre as EII, dado o descoñecemento existentente na nosa poboación con respecto a estas patoloxías e ás necesidades que presentan os afectados/as.
CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ENFERMEDAD INFLAMATORIA INTESTINAL
O 27 de maio de cada ano, celébrase o Día Mundial da EII. A Traballadora Social é a persoa en encargada da planificación, coordinación e elaboración das actividades que se realizarán en conmemoración a este día.
Coincidiendo con ese evento, Accu Ourense organizó para este ao 2014 en la Sala de Conferencias del Centro de Desenvolvemento Fundación de Novacaixagalicia de Ourense (Avda. de Pontevedra, Nº 9) unha Xornada de sensibilización e información sobre diferentes aspectos clínicos, sociais, familiares esobre todo, laborais da EII e su impacto limitante sobre as expectativas y calidade de vida de las persoas afectadas e o seu entorno.
O acto central da Xornada é unha SESIÓN CLÍNICO - SOCIAL de tres horas de duración aproximadamente na que, mediante unha mesa redonda formada por médicos, enfermeras, Psicóloga clínica, Asesor Xurídico e afectados/as, introdúcense diferentes e concretos enfoques. A continuación prográmase un FORO ABERTO coa participación do público asistente (enfermos/as, afectados/as doutras patoloxías con rasgos comúns, como poden ser as persoas ostomizadas por neo de colon u outras áreas dixestivas) que formularán as cuestions que más les atañen persoalmente; ó cerre se recolleú unha encuesta de satisfacción e propostas dos asistentes.
A Xornada completóuse coa difusión nos Centros Asistenciais de material gráfico divulgativo e con unha programación de presenza continuada ó largo do día nos distintos medios de comunicación.
DIFUSIÓN DE CARTEIS E TRÍPTICOS
Cada ano, repartiranse carteis e trípticos tanto sobre a Asociación e a súa labor como sobre as EII e as súas características.
Estes folletos informativos repartiranse en farmacias, Atención Primaria, Hospitais, consultas de dixestivo, Traballadoras sociales de Atención Especializada e de Atención p Primaria, Asociacións, etc.
CONTACTO COS AXENTES DA ÁREA DE SAÚDE E DA ÁREA SOCIAL
Dentro de la función divulgativa da Asociación, mantemos contacto directo cos axentes da área de saúde, coa fin de manter un intercambio constante de información, así como facilitar que os facultativos poidan derivar ás persoas que padezan estas patoloxías á Asociación. Estes contactos fanse durante todo o ano, en función da demanda que presentemos e tamén a iniciativa de ACCU Ourense.
MANEXO DAS REDES SOCIAIS DA ENTIDADE
A través do noso perfil e da nosa páxina na rede social Facebook (ACCU Ourense), imos actualizando información sobre a nosa entidade así como damos difusión a novas que consideramos de interese para as persoas que padecen Enfermidade de Crohn ou Colite Ulcerosa. Ademais difundimos algunhas das actividades realizadas a través da páxina web de ACCU España www.accuesp.com.
OBXETIVO XERAL: Darlle maior difusión á Enfermidade Inflamatoria Intestinal así como promover a colaboración con outros servizos e a poboación en xeral.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS
- Promover a colaboración dos axentes da área de saúde coas Asociacións.
- Dar a coñecer a existencia e características destas enfermidades para un mellor coñecemento da mesma por parte da sociedade en xeral.
- Incrementar o número de persoas e entidades colaboradoras coa Asociación.
- CHARLAS INFORMATIVAS
Realízanse charlas informativas para a poboación en xeral, en lugares de interés (Centros de Saúde, Centros Sociais, Hospitais, Centros Educativos etc.), para poder ofrecer información sobre a Enfermidade. - COORDINACIÓN CON ACCU ESPAÑA. ASAMBLEA ACCU ESPAÑA
ACCU Ourense pertence a ACCU España, a Confederación de Asociacións de Crohn e Colite Ulcerosa de España. Existe unha coordinación directa e continua con ella. Toda a información de dita Confederación está a completa disponibilidade de todos os socios/as de Accu Ourense.
Cada ano celébrase a Asamblea de Accu España na que asisten todolos presidentes que representan a todas las asociaciones de ACCU España. - ACTUALIZACIÓN DO RUEPSS
ACCU Ourense atópase inscrita no RUEPSS, o Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais onde cada ano se a Traballadora Social de ACCU encárgase de rexistar as memoria de actividades e económicas.
ACTIVIDADES DE OCIO
Cada ano, a Traballadora Social organiza dúas xuntazas de convivencia e confraternización (unha no mes de Decembro e outra no mes de Xuño) co obxetivo de que os socios/as de Accu e a súas familias compartan o seus problemas e inquedanzas e se establezca unha conciencia de grupo grupo e se lles poña ó día das últimas novedades relacionadas coa Asociación que poidan ser do seu interese.