logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Dende a Asociación pretendemos ofrecer axuda, apoio e información ós socios, familiares e demais persoas interesadas, sobre os problemas médicos, sociais e económicos que poden xurdir a causa da enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa tendo en conta que se trata de patoloxías descoñecidas pola sociedade, e que supón un aumento do desconcerto e temor para as persoas diagnosticadas que sofren moitas veces a falta de información e asesoramento axeitados.

En concreto as fins que pretendemos conseguir desde ACCU Ourense son os seguintes:

  • A asistencia e información ós enfermos nos seus aspectos médico e social, especialmente no concernente ó fomento e proporción desa asistencia por facultativos e persoal sanitario especializado.
  • O fomento da investigación dos problemas que expoñen las EII, nos seus aspectos médico-asistenciais e socioeconómicos.
  • A colaboración con todas aquelas entidades públicas ou privadas cuxa actividade poida conducir á consecución das fins da Asociación.
  • Representar ós seus membros ante as Administracións Públicas e outros Axentes Sociais, tanto persoas xurídicas coma físicas, para a defensa dos intereses e a resolución dos problemas que afectan ás persoas con este tipo de patoloxías e ós seus familiares.
  • Facilitar na medida do posible o benestar social das persoas con Enfermidade Inflamatoria Intestinal, intentando fomentar e garantir a máxima protección posible, evitando así calquera prexuízo social ata lograr a total integración social.
  • Promover a vida asociativa así como favorecer a implicación e participación de todos e todas nas actividades organizadas pola Asociación.
  • Promover a integración social e laboral das persoas afectadas, en todos os ámbitos da sociedade, xestionando actuacións e servizos encamiñados a dita fin.
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización das fins da Asociación, ou redundar en beneficio das persoas con Enfermidade Inflamatoria Intestinal ou dos seus familiares.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia