logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

Obxectivo Xeral

Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por doenzas reumáticas e a dos seus familiares.

Obxectivos Específicos

  • Axudar ás persoas con doenzas reumáticas e aos seus familiares nas súas confusións, medos e dúbidas, poñendo ao seu alcance os medios que lle permitan resolver as dificultades que comporta a enfermidade.
  • Ofertar espazos de información clara e comprensible sobre as enfermidades reumáticas e sobre os ámbitos que quedan afectados por estas (social, psicolóxico, laboral, xurídico e económico).
  • Dar soporte profesional psicolóxico e social.
  • Aprender do contacto con outras persoas que viven situacións similares e coñecer outros xeitos de facer fronte á enfermidade.
  • Sensibilizar á sociedade e á opinión pública con respecto aos reumatismos.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia