logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) é unha entidade constituida como asociación e que aglutina, como federación que é, a un bó número de asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual de Galicia. Trátase dunha organización non gubernamental, sociovoluntaria e sen ánimo de lucro, creada en 1979, que xurdiu con persoalidade xurídica propia, como resultado da unión de 6 asociacións de pais que prestaban servizos a persoas con discapacidade intelectual. Actualmente son 40 as asociacións membro de FADEMGA FEAPS GALICIA.

Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Administración local co nº 2005/147-2 (sc).

Inscrita no Rexistro Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº E-45.

Inscrita no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria co nº O-625.

Declarada de Utilidade pública polo Ministerio do Interior o 17 de xullo de 2008.

Certificada coa ISO 9001:2008 no Servizo de Respiro Familiar e nos catro servizos da Área de Emprego e Formación.

MISIÓN

Promover accións e servizos - en consonancia co Código Ético e os valores do movemento asociativo FEAPS - que creen as condicións necesarias para que as organizacións membro melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento e das súas familias en Galicia.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia