logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Servizos

  • Servizo de información, oriendación e asesoramento: É un servizo especializado en Esclerose Múltiple no que se dota de todo tipo de información ás persoas afectadas, as súas familias e a persoas voluntarias, dos servizos e obradoiros que ofrecemos asi como dos recursos socias cos que dispoñen. É non só unha primeira toma de contacto senón un seguemento da persoa unha vez que se asocia a ALUCEM. Esta composto por: Traballadora Social e Auxiliar Administrativo.
  • Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonimía funcional: É un servizo especializado en Esclerose Múltiple no que se dota á persoa afectada de Esclerose Múltiple de métodos, actuacións e tecnicas de cara a unha mellora na medida das súas posibilidades ás disfuncións psicofísicas que a EM poida ocasionarlle, asi como reducir as súas limitacións para realizar certas actividades da vida diaria (AVD). Está composto por: Fisioterapeuta e Terapeuta Ocupacional
  • Servizo de axuda no fogar: É un servizo co que contamos para persoas afectadas que xes xenere dependencia de tipo alto para as AVD, realizase nos domicilios das persoas beneficiarias, avaliadas, coordinadas e co seu debido seguemento por parte da traballadora social. Está composto por: Auxiliar de axuda a domicilio e Traballadora Social.

Área de ocio e tempo de lecer

Organizanse saidas socioeducativas e comidas de confraternización entre as persoas membros de ALUCEM.

Obradoiros: Estimulación cognitiva, cocinoterapia, artes plásticas ( varian según o ano e as necesidades)

Participación Mercadillo Solidario Diversiarte, Día Mundial da EM.

Todo estas actividades organizanse co apoio indispensable de persoas que nos ogrecen a súa acción voluntaria e as que lles agradecemos a súa colaboración.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia