ALUCEM é unha asociación creada no ano 1996 por un grupo de persoas afectadas de Esclerose Múltiple co fin de paliar as súas necesidades a raíz do diagnóstico desta afección.
Durante todos estes anos fomos crecendo contando cun equipo técnico especializado, formado por : fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, traballadora social, auxiliar administrativo e auxiliar de axuda no fogar.
Témola nosa sede central na capital lucense, e a partires de febreiro de 2013 comezaremos a traballar na zona da mariña lucense tendo outra sede no concello de Burela.
Pertencemos a AEDEM Asociación Española de Esclerose Múltiple e a FEGADEM Federación galega de Esclerose Multiple da que somos membro fundador da mesma.
Para saber maís de nos podes acudir as nosas oficinas, ou chamando ó 982202942.
Podes acceder a nosa nova web: www.alucem.com
Podes obter os nosos folletos informativos nas nosas instalacións ou no Hospital Universitario Lucus Augusti.