logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

As actuacións de ACADAR están a incidir nos seguintes ámbitos:

EMPREGO:
Dereito de acceso ao emprego e á igualdade de oportunidades e non discriminación por motivo de xénero e discapacidade no ámbito laboral.

VIOLENCIA DE XÉNERO E SOBRE A MULLER CON DISCAPACIDADE:
Facer realidade e efectivo o Dereito das nenas e mulleres con discapacidade a vivir en liberdade e seguridade e a ser tratadas dignamente.

SAÚDE:
Facer realidade e efectivo o Dereito das mulleres con discapacidade galegas a unha saúde pública integral e de calidade

MATERNIDADE:
Facer realidade e efectivo o Dereito á maternidade das mulleres con discapacidade.

SEXUALIDADE:
Facer realidade e efectivo o Dereito das mulleres e nenas con discapacidade en Galicia a vivir a nosa sexualidade dunha maneira libre, plena e íntegra.

VIDA INDEPENDENTE:
Dereito das mulleres con discapacidade galegas a dirixir as rendas da nosa propia existencia.

IMAXE SOCIAL E MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
Dereito das mulleres e nenas con discapacidade galegas a unha imaxe social digna.

PARTICIPACIÓN SOCIAL E LIDERATO:
Dereito das mulleres con discapacidade galegas a participar en igualdade de condicións na vida social e política e a acceder a postos de responsabilidade e representatividade.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia