logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quen somos?

ACADAR foi constituída por un grupo de 20 mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de conseguir o seu empoderamento, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Temos como misión a de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e nos sitúan nunha posición con maiores niveis de discriminación.

Qué queremos?

  • Defender a dignidade e os dereitos das mulleres con discapacidade, para o seu exercicio en condicións de igualdade real.
  • Promover a plena integración escolar, laboral, familiar e social das mulleres con discapacidade.
  • Defender o dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda muller con discapacidade.
  • Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  • Participar na orientación, coordinación e impulso do Movemento Asociativo no que estea integrado ACADAR con criterios de solidariedade.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade, e da discapacidade en xeral.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á muller nas seguintes idades: infancia, xuventude e 3ªidade.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer dirixidas especificamente á muller con discapacidade.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás mulleres con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  • Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ao cumprimento da misión de ACADAR ou redundar no beneficio das mulleres con discapacidade.
Con ACADAR as promotoras, asociadas e demais tipoloxía de persoas integrantes segundo establecen os seus estatutos, queremos incidir, na mellora e capacitación das mulleres con discapacidade nos distintos ámbitos e áreas de participación social.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia