logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Quen somos?

AMICO é a asociación que ten como misión principal a de promover a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca.

Somos unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Constitíuse no ano 1992 polo interese xeral dun grupo de persoas coñecedoras das necesidades e demandas das persoas con discapacidade veciñas para darlle resposta ás mesmas.

Continuamos presentes na sociedade coa intención de incrementar a colaboración cidadá coa misión, o nivel de participación pública e a realización de actividades dirixidas a alcanzar o maior grao de autonomía e independencia das persoas con discapacidade da contorna.

AMICO somos todas as persoas que un día apostamos por unirnos á entidade para alcanzar obxectivos  compartidos.

Animámoste a formar parte desta nova etapa!

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia