logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

  • Atención médica especializada na Zona Sanitaria de Pontevedra.
  • Que se trate os enfermos de Fibromialxia e Fatiga Crónica como aos demais enfermos, e non ser rexeitados nas consultas.
  • Informar e asesorar os socios a nivel médico e xurídico.
  • Recompilar a información e estudos procedentes de distintos organismos nacións e internacionais.
  • Facilitar aos nosos socios a obtención de información sobre a nosa enfermidade.
  • Calquera tipo de actividade que poida mellorar a calidade de vida dos enfermos de Fibromialxia e Fatiga Crónica.
  • Promover, facilitar ou utilizar os medios de comunicación, propaganda, publicidade, formación ou difusión para chegar aos afectados e para informar a sociedade en xeral sobre os problemas dos enfermos e avances no estudo da enfermidade.
  • Organizar e colaborar en debates, congresos, xornadas, charlas, cursos e outras iniciativas que fomenten o estudo e avance do coñecemento da nosa enfermidade.
  • Colaborar con organismos e entidades encamiñadas á práctica investigadora.
  • Elaborar materiais didácticos para ensinar o verdadeiro alcance da Fibromialxia e a Fatiga Crónica.
  • Desenvolver actividades económicas de todo tipo, encamiñadas á realización dos seus fins ou achegar recursos con este obxectivo.
  • Reforzar as lexislacións e normativas que garantan a igualdade dos enfermos de Fibromialxia e Fatiga Crónica co resto das enfermidades Reumáticas.
  • Ofrecer programas educativos totalmente accesibles, que nos permitan desenvolver unha vida laboral máis acorde coas patoloxías de Fibromialxia e Fatiga crónica.
  • Despois de moito esforzo, e tras realizar varias entrevistas cos responsables sanitarios, conseguiuse que se adapte o Protocolo elaborado polo Complexo Hospitalario de Pontevedra ao documento nacional sobre fibromialxia elaborado polo Consello Interterritorial e que os enfermos de Fibromialxia de Pontevedra sexamos atendidos ao igual que os afectados de toda España.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia