Presentación
A Asociación Colectivo de Afectados de Fibromialxia e Fatiga Crónica da Zona Sanitaria de Pontevedra é unha entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de representar e defender os dereitos e intereses globais das persoas afectadas de Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, así como das súas familias.
Creouse no ano 2002 por un pequeno número de afectados de Fibromialxia co fin de que toda-las súas actuacións contribúan a mellorar a calidade de vida dos afectados. CAF actúa como unha estructura capaz de representar a todos os afectados, nas súas peticións, necesidades e reivindicacións que precisen o apoio de todo o colectivo.
A síndrome da fibromialxia é unha condición que afecta aos neurotransmisores dos músculos ocasionando dor crónica. Esta condición ocasiona dores xeneralizados a través de todos os músculos, tendóns e ligamentos do corpo. Non é artrite, ni é o que a artrite é para os ósos.
A definición oficial de fibromialxia estableceuse como resultado da Declaración de Copenhague, quen recoñeceu a síndrome de fibromialxia oficialmente, en xaneiro de 1993, para a Organización Mundial da Saúde. Defínea como unha condición dolorosa, non articular, que envolve os músculos, e é a causa máis común de dor músculoesqueletal crónica e xeneralizada.
A dor ocasionada pola fibromialxia é impredecible e varía de día a día. Os pacentes que padecen desta condición nunca poden predecir cómo se sentirán no outro día. A dor afecta varias partes do corpo, como os hombreiros, a cadeira, as pernas, os brazos e ata os músculos dos ollos. O pacente ten agotamento, sempre se sinte cansado e a dor pode ser incapacitante.
O sono, nos pacentes de fibromialxia, é tan liviano que nunca chega a durmir o suficientemente profundo como para descansar e restaurar o seu corpo. Presentan dificultade para durmir e quedar durmidos.
Existen unha serie de síntomas ligados a esta condición. Ademáis do esgotamento e a dor, os pacentes poden presentar todos ou algúns dos seguintes síntomas:
- Entumecimento: rixidez nos músculos, especialmente ao despertar ou cando hai cambios de clima.
- Dores de cabeza ou de cara: se manifesta poas áreas do pescozo ou dos hombreiros, ou pola zona temporomandibular. O pacente presenta dor na mandíbula e na cara.
- Trastornos Dixestivos: moitos pacentes presentan malestar estomacal, estrinximento ou diarrea.
- Vexiga Irritada: os pacentes con fibromialxia experimentan frecuencia de orinar, ou precisan con urxencia orinar sen que teñan ninguna infección na vexiga.
- Cosquilleo (parestesia): sensación de hormigueo nas extremidades.
- Dores de peito: coñecidos como “costocondralxia”. Esta dor se manifesta onde as costelas se unen co esternón.
- Problemas de Memoria: dificultade para concentrarse, teñen lapsos da memoria, confúndense ao falar ou ao escribir. Isto pode variar de día a día.
- Desequilibrio: problemas de vértigo ou mareos.
- Mayor Sensibilidade: alerxia a sustancias que antes no eran, e moita sensibilidade ao ambiente, á luz, ao ruido e aos olores. Os cambios de temperatura afectan agudamente ao pacente. Senten que o seu corpo é un barómetro do tempo, pois o corpo doille con cambios climáticos bruscos.
- Dores de cabeza forte ou dor na cara: dores de migraña, tensión muscular, estas dores se poden concentrar detrás dos ollos.
- Mans e pes fríos: é unha sensación inusual de frío nas extremidades, que pode estar acompañado por cambios en color nelas.
- Depresión ou ansiedade: A pesar de que a moitos pacentes se lles diagnostica depresión ou desordes de ansiedade, éstes a miúdo son resultado das dores crónicas e o malestar da fibromialxia máis que de ser a causa de estos síntomas.
Os investigadores están estudiando e buscando as causas da síndrome de fibromialxia. Actualmente existen diferentes universidades levando a cabo investigacións que conduzan a coñece-la causa de esta síndrome e se están a levar a cabo investigacións no campo da neuroendocrinoloxía, inmunoloxía, cardioloxía e fisioloxía do exercicio.
Hai evidencia que a síndrome de fibromialxia se manifesta en persoas que tiveron sufrido algún accidente físico (neste caso se denomina fibromialxia post-traumática), algunha enfermidade ou estrés emocional agudo.
Puntos Sensibles: unha medida fiable
Existe un sistema estandarizado de exploración dos Puntos Sensibles coñecido como Manual Tender Point Survey, cuxa metodoloxía é importante que coñezan os médicos exploradores, pois garantiza a máxima fiabilidade no diagnóstico a través da palpación.
O Colexio Americano de Reumatoloxía estableceu en 1990 os "Criterios de Clasificación" que debían utilizarse para estudos sobre a enfermidade e que por convenio se están utilizando como método de diagnóstico e que son os seguintes:
- Historia da dor crónica difusa de máis de tres meses de duración. Dor musculoesquelética crónica en cada un dos cuadrantes do corpo (arriba e debaixo da cintura, e a ambos lados do corpo) durante máis de 3 meses.
- Ausencia de alteracións radiolóxicas e/ou analíticas que poidan explicar o cadro do pacente.
- Presencia de dnor (no molestia) á presión en polo menos 11 dos 18 puntos sensibles (9 pares). Explorados cunha presión de 4 Kg/cm2.
Puntos sensibles dolorosos
- Occipucio bilateral, parte infero-posterior da cabeza, na inserción dos músculos occipitais.
- Cervicales baixas, nas caras anteriores dos espacios intertransversos na vértebra cervical cinco (C5) ata a vértebra cervical sete (C7).
- Trapecio, a medio camiño do seu borde superior.
- Supraespinoso, nas súas orixes, por enrriba da escápula, cerca do borde interno.
- Segundas costelas, a nivel da inserción das segundas costelas sobre o esternón.
- Epicóndilo externo, no relevo óseo do húmero onde se orixinan os músculos extensores do antebrazo.
- Glúteo, nos cuadrantes superiores externos dos glúteos, na dobra anterior do músculo.
- Trocánter maior, a nivel da cresta do trocánter maior do fémur, un relevo óseo no que se insertan os músculos piriformes que sirven para rotar externamente o muslo.
- Xeonllo, no tecido subcutáneo da parte interna, por enrriba a línea da articulación.
Todos eles nun contexto asociado con fatiga, trastornos do sono, síndrome de intestino irritable, parestesias, trastornos cognitivos e trastorno de ansiedade ou depresión ou ambos.
Para facer o diagnóstico de Fibromialxia deben cumplirse ambos criterios (dor difusa y dor nos puntos dolorosos). Para que o diagnóstico sexa válido, a duración da dor e a sensibilidade nestes puntos musculoesqueléticos debe ser como mínimo de tres meses. A presencia de un segundo padecemento non exclúe o diagnóstico de Fibromialxia, aínda que esta norma está en revisión nuns novos criterios propostos.
A aplicación destes criterios diagnósticos por parte dun profesional experimentado ten unha grande fiabilidade (os criterios son sensibles e específicos).
Hasta hoxe non existe cura para a fibromialxia, o que tratamos de facer é aminorar os síntomas. Hai varias opcións de tratamento para o pacente de fibromialxia pero todas elas se teñen que levar á vez. O pacente ten que tomar os medicamentos que lle prescribe o médico, debe de exercitarse (levemente), aprender técnicas de relaxación e seguir unha dieta regular.
- Medicamentos: para aliviar as dores e mellorar o sono o médico receta doses baixas de medicinas que aumentan o nivel de serotonina (a serotonina é unha sustancia química no cerebro que controla a dor e o sono). Moitos pacientes teñen que tomar medicamentos para trastornos dixestivos e alerxias.
- Terapia Física: entre as terapias físicas atópase o masaxe, a liberación miofacial, o uso de calor, movemento e tratamentos quiroprácticos.
- Exercicios: o exercicio moitas veces resulta de gran proveito. Para o pacente de fibromialxia o recomendado é facer exercicios de auga nunha piscina onde a agua estea preto a unha temperatura de 28°C.
- Tratamentos Alternativos: os pacentes de fibromialxia están descubrindo que poden aliviar as súas dores con tratamentos tales como o ioga, taichi, control do estrés, asesoramento alimenticio e a acupuntura. O apoio emocional da familia e amizades é moi importante para aliviar os síntomas inquedantes que padece o pacente. A familia debe apoiar ao pacente a facer os cambios necesarios no seu estilo de vida. As persoas que teñan dificultades axustando a súa vida co síndrome de fibromialxia deben de buscar axuda profesional.