logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

FEGAFIFA (Federación Galega de Fibromialxia e Fatiga Crónica) é unha entidade sen ánimo de lucro, creada no ano 2004. Inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia co nº 113, Sección 2ª e no Rexistro do Voluntariado Galego. FEGAFIFA xurdiu por iniciativa de ACOFIFA (Asociación Coruñesa de Fibromialxia e Síndrome Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple) despois de estudar e valorar como se organizaron en forma de federación outras asociacións do seu entorno e de características similares.

As asociacións que integran FEGAFIFA son:

  • ACOFIFA (Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple)
  • ALUFI (Asociación Lucentina de Fibromialxia)
  • AFFOU (Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense)
  • CAF (Colectivo de Afectados de Fibromialxia e Fatiga Crónica da Zona Sanitaria de Pontevedra)
  • Asociación "AS MARIÑAS" de Xove (Lugo)

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia