O obxectivo último de Aspaym-Galicia é conseguir a plena integración dos Lesionados Medulares na sociedade, adoptando con este fin unha estratexia de actuación encamiñada cara a varias frontes:
- Desenvolver e defender os dereitos das persoas con discapacidade.
- Promover e apoiar ó colectivo de persoas con discapacidade física.
- Sensibilizar sobre a necesidade da integración social plena das persoas con discapacidade.
- Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades dos asociados, así como dirixidas a conseguir recursos para cumprir cos fins fundacionais.
- Promover a integraciónlaboral das persoas con discapacidade.
- A prestación de servizos sociais ó conxunto da comunidade.