logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Obxectivos

AGADEA ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con Enfermidade de Alzheimer ou outra demencia e a dos seus coidadores, ao tempo que se garante a máxima integración, e favorécese a formación, comunicación e a participación na vida social. E para poder conseguir este, AGADEA traballa cos seguintes obxectivos específicos:

  • Sensibilizar á poboación en xeral acerca das consecuencias e a problemática que conleva a Enfermidade de Alzheimer.
  • Impulsar a cooperación e a participación da sociedade con respecto á problemática que comporta a Enfermidade de Alzheimer.
  • Realentizar a progresión do deterioro e restaurar as habilidades cognitivas en desuso, partindo das funcións intelectuais conservadas.
  • Adestrar estratexias para subsanar as perdas funcionais nas habilidades da vida diaria.
  • Posibilitar a continuidade das accións de carácter rehabilitador durante a fin de semana.
  • Facilitar ao usuario a interacción co contorno físico e humano.
  • Mellorar o amor propio do enfermo, a través do reforzo positivo na realización de actividades estimulantes.
  • Facilitar aos usuarios con dificultades de desprazamento o acceso normalizade aos servizos, principalmente a través do Servizo de Transporte Adaptado.
  • Mellorar a calidade de vida do paciente, a súa familia e coidadores.
  • Proporcionar ao familiar coidador un tempo de respiro para o seu propio coidado.
  • Optimizar a conciliación da vida familiar e laboral dos coidadores a través do Servizo de Transporte Adaptado.
  • Promocionar o uso da lingua galega nas actividades educativas e culturais que se desenvolven en AGADEA.
  • Potenciar a promoción da cultura galega.
  • Potenciar proxectos e actividades relacionadas coa educación para a saúde.
  • Apoiar as publicacións periódicas e a edición de materiais didácticos.
  • Fomentar a cultura de ocio e ocupación do tempo libre.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia