A Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA) é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1994, cando un grupo de familiares de enfermos de Alzheimer decidiron buscar xuntos apoios e recursos que precisaban para coidar mellor e con menos dificultades ós seus enfermos.
Segundo consta na súa acta de constitución, AGADEA creouse co obxecto de representar ós enfermos, ós familiares e ós interesados en xeral, no ámbito da Comunidade Autónoma Galega. É a primeira asociación deste tipo que se crea en Galicia.
A dedicación principal é a atención de necesidades e demandas que xera dita enfermidade a través de apoio psicológico, social, xurídico e sanitario.
Destacar que, ademáis, AGADEA é unha asociación vinculada a diferentes ámbitos coma a educación, a cultura, os servizos sociais e a sanidade.