Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Promover, alentar e canalizar ao xordo para facilitar a súa educación e adaptación familiar, social e profesional.
- Cooperar cos Centros Educativos mantendo contacto permanente coas direccións, e profesorado para a execución de cantas medidas conduzan á mellor formación dos discapacitados auditivos.
- Información e sensibilización da poboación xorda, dos pais, dos profesionais, dos dirixentes políticos, das administracións públicas e da sociedade en xeral, en relación coa discapacidade auditiva, a eliminación das barreiras de comunicación, a integración e a accesibilidade.
- A atención e apoio a familias como alicerce fundamental da Asociación, ofrecendo a estas un punto de encontro e intercambio de experiencias, análises, e debate sobre calquera tema relacionado co proceso habilitador e educativo dos seus fillos.
- Promover e colaborar con entidades públicas e privadas que se dediquen á formación, asistencia e integración laboral de persoas con discapacidade.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia