logo Conselleria
logo SERGAS

Espazo para asociacións de doentes

Presentación

Para falar do comezo e evolución de AFABER hai que remontarse ao ano 1998. Data na cal se puxo en marcha un grupo de apoio dende os Servizos Sociais do Concello de Carballo en colaboración cunha asociación da Coruña. Neste grupo de apoio os familiares dos enfermos de Alzheimer atoparon un punto de reunión no cal desafogarse e buscar solucións a moitos problemas comúns que presentaban no seu entorno familiar.

Pero é no ano 2001, cando AFABER se constitúe como asociación propiamente dita, a partires do grupo de apoio antes mencionado. Unha vez analizado o bo funcionamento do grupo e a elevada cohesión existente entre os seus membros, decidiuse poñer en marcha esta iniciativa, coa que se pretendía dotar aos socios existentes, e ao resto da poboación que así o demandara, dunha serie de recursos e servizos que posibilitaran unha mellora na súa calidade de vida.

AFABER, constitúese entón como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños destinada a proporcionar información e asesoramento a toda a poboación en xeral, e aos familiares en particular, sobre calquera aspecto social, médico e educativo, que se poida presentar no desenvolvemento da enfermidade do Alzheimer.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia