Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Representar e ser portavoz do conxunto de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, nas cuestiónes que sexan competencia federada.
- Promover o desenrrolo e cumprimento dos fins das asociacións integradas en FAGAL.
- Defender os dereitos e o cumprimento dos deberes das distintas asociacións federadas, sen perxuizo da lexitimación que corresponde a cada unha delas.
- Prestar a todas as asociacións federadas asesoramento e axuda nos temas vinculados ós fins da Federación.
- Promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ós enfermos.
- Reclamar das autoridades e organismos públicos a creación dunha infraestructura de apoio (psicolóxico, axuda a domicilio...) ás familias e unha atención continuada, integral e interdisciplinar para cos enfermos.
- Reclamar a creación de centros específicos para a atención destos enfermos.
- Promover a realización por parte da Administración Pública dun censo de enfermos de Alzheimer existentes en Galicia.
- Desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que esta enfermidade provoca.
- Colaborar con outras organizacións semellantes, provinciais, autonómicas, estatais ou doutro país, que participen total o parcialmente dos fins desta Federación, en aquelas cuestiones que sexan de interés mutuo.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia