Os obxectivos de FEGEREC son os seguintes:
- PROMOVER E APOIAR A AGRUPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE ENFERMIDADES RARAS, así como aquelas Enfermidades Crónicas, de baixa prevalencia e afectación neuromusculoesquelética, inscritas no ámbito da FEGEREC.
- Estimular e apoiar o ESTABLECEMENTO DUNHA BASE DOCUMENTAL sobre a incidencia e prevalencia destas enfermidades na Comunidade Autónoma Galega.
- SENSIBILIZAR á opinión pública e ás Administracións dos problemas de prevención e tratamento destas enfermidades, implicacións sociais, laborais, económicas, así como promover os cambios de actitude social que permitan unha mellora na súa calidade de vida.
- Facilitar e difundir INFORMACIÓN sobre estas enfermidades a enfermos e familiares coa fin de conseguir o seu mellor coñecemento e implicacións dos mesmos.
- POTENCIAR TODAS AS CANLES de información e sistemas de axuda para as Asociacións membro, a fin de proporcionar a plena INTEGRACIÓN dos mesmos: familia, ensinanza, formación, relacións laborais, ocupación do ocio, eliminación de barreiras arquitectónicas e outro tipo de barreiras, e aquelas outras accións que faciliten a integración das persoas afectadas e das súas familias en todos os ámbitos da súa vida.
- Prestar axuda a enfermos e familiares na ASISTENCIA SOCIO-SANITARIA dende un enfoque multidisciplinar e integral.
- ORGANIZACIÓN DOS SERVIZOS técnicos, de estudos, xestión, promoción etc, que as circunstancias aconsellen ou se consideren precisos.
- Prestar axuda na PROMOCIÓN E CREACIÓN DE ENTIDADES OU GRUPOS DE TRABALLO que estuden ou colaboren a favor destas enfermidades raras e crónicas, mellorando as súas posibilidades terapéuticas e rehabilitadoras.
- COOPERAR CON OUTRAS ENTIDADES con igual ou similar finalidade para conseguir os cambios de actitude social que permitan unha mellora na calidade de vida destas persoas.
- SER INTERLOCUTOR VÁLIDO ANTE OS ORGANISMOS PÚBLICOS E PRIVADOS, tanto de carácter provincial, autonómico, nacional e internacional, nos asusntos de interés común que afecten ás súas entidades membro, aos seus familiares ou a outras persoas afectadas por estas enfermidades e a outros grupos de interés.
- Calquera outra que redunde en beneficio das Asociacións pertencentes a FEGEREC.